Viña

Curso de poda da viña en Ribadavia

A formación estivo acargo da Oficina Agraria Móbil de Medio Rural

Loading ad.
Ad could not be loaded.
12/03/2024 5:23 p.m.

Vinte viticultores do Ribeiro participaron este martes 12 de marzo no curso sobre poda en viña impartido pola Oficina Agraria Móbil da Consellería do Medio Rural en Ribadavia. A acción formativa desenvolveuse no lugar de Eira de Mouros, na parroquia de Santo André, e tivo unha parte teórica e outra práctica, con labores en parcela.

O obxectivo fundamental desta actividade é difundir entre os viticultores da zona un sistema de poda mais respectuoso e que mitigue a incidencia das enfermidades da madeira na vide. Este foi o segundo curso impartido pola Oficina Agraria Móbil na capital do Ribeiro nos últimos meses. O anterior tivo lugar en decembro pasado e nel participaron outros 15 viticultores. A inscrición nestas accións formativas foi totalmente gratuíta, ata completar aforo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada