Axenda

Curso de nivel alto de abatemento dirixido de árbores con cable e cabrestante

Campo Galego 11/10/2019 4:00 p.m.

O Centro de Formación Agroforestal de Lourizán, que organiza un amplo programa de cursos este outono, anuncia unha nova acción formativa sobre abatemento dirixido de árbores. A actividade, que se dirixe principalmente a profesionais do sector forestal e a persoas relacionadas co agro, abordará a corta de árbores con motoserra e a orientación da súa caída mediante o uso de cable e cabrestante.

O curso ten 10 horas de duración e desenvolverase na tarde do venres 25 e na mañá do sábado 26. A asistencia non ten custe, pero hai que anotarse enviando o formulario de inscrición ao enderezo electrónico xloureirovazquez@edu.xunta.es.

Etiquetado
Ir a la portada