Forestal

Curso de inventarios forestais e cubicación de madeira

Actividade organizada pola Federación de Aserradoiros e Rematantes de Galicia (Fearmaga)

Campo Galego 18/09/2018 1:20 p.m.

Santiago acollerá do 3 ó 5 de outubro un curso de realización de inventarios forestais e cubicación de madeira. A actividade ten 20 horas lectivas, 10 teóricas e 10 prácticas, e está organizada pola Federación de Aserradoiros e Rematantes de Galicia (Fearmaga). O obxectivo do curso é cualificar ó persoal das empresas do sector forestal nas técnicas de mostreo básico, uso de equipos e cubicación de madeira.

Nas prácticas de campo, está previsto facer medicións e inventario de parcelas de piñeiro e de eucalipto.

Os contidos previstos para o curso son os seguintes:

- Inventario de vexetación: identificación de especies, técnicas de mostreo, inventario forestal e recollida e almacenamento de datos.

- Uso de aparatos e equipos en inventario de vexetación: equipos e medios para medicións, posicionamentos e sinalización – marcaxe de plantas e árbores. Prevención de riscos laborais.

- Cubicación de madeira: cubicación forestal, métodos e aplicacións – programas aplicados á cubicación da madeira-.

As prazas son limitadas. Para inscribirse, pódese contactar coa organización no teléfono 981-568.390 ou no e-mail informacion@maderasdegalicia.com

Ir a la portada