Leite

Curso de inseminación artificial de vacún en Monforte de Lemos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 12/08/2020 9:08 a.m.

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte de Lemos (Lugo) acollerá a vindeira semana un curso de inseminación artificial en vacún. A formación está organizada pola Consellería de Medio Rural a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).

O curso comezará o luns 17 e prolongarase ata o venres 21 de agosto. Está dirixido a profesionais do sector agrario ou persoas interesadas en incorporarse a el.

A acción contará cunha duración de 20 horas. En concreto, o curso proporcionará unha formación teórico-práctica en inseminación artificial para o que haberá que adquirir certos coñecementos sobre o aparello reprodutor da vaca e sobre a problemática da súa reprodución. Tamén haberá contidos sobre o material que se debe empregar e consellos para non ter riscos durante o proceso, así como de sensibilización medioambiental.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para inscribirse, hai que cubrir o formulario correspondente e remitilo á unidade organizadora á seguinte dirección: ceca.monforte@edu.xunta.gal. Calquera dúbida, pódese consultar no Centro de Formación por teléfono (982-889 103).

O seminario está integrado no Plan de formación ao agro galego 2020 da Consellería de Medio Rural, que busca impulsar o desenvolvemento de actividades formativas, de demostración e información. Con estas accións, pretenden mellorar a capacitación dos traballadores dos sectores agrario, agroalimentario e forestal en todo o relacionado cos aspectos técnicos e económicos das súas actividades.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada