Axenda

Curso de iniciación á apicultura en Meis

20/04/2016 3:30 p.m.

Coa chegada da primavera as abellas comezan a súa actividade e a Asociación Galega de Apicultura (AGA) AGA ofrece un curso de iniciación á apicultura dirixido a novos abelleiros e abelleiras que queiran iniciarse no mundo apícola. O curso está organizado por AGA coa colaboración do Concello de Meis e terá lugar no Centro Multiusos o Mosteiro os días 23 e 24 de abril.

Os cursos de iniciación á apicultura de AGA son cursos teórico-prácticos de 12 horas de duración. Coa participación no curso entregarase a publicación "Curso de apicultura". O curso é gratuito para socios e socias de AGA e ten un coste de 50 € para persoas non asociadas.

Todas e todos os interesados poden obter máis información na web www.apiculturagalega.es e inscribirse por email info@apiculturagalega.es ou por teléfono 981 508 142 / 981 589 534 / 630 069 637.

Etiquetado
Ir a la portada