Desenvolvemento rural

Curso de informática básica para gandeiros e agricultores

22/10/2020 12:33 p.m.

A Asociación Terras de Valcarce, en colaboración co Sindicato Labrego Galego e a Deputación da Coruña, organiza os vindeiros 27, 28 e 29 deste mes en horario de tarde un curso de informática básica para explotacións agrarias.

O curso impartirase na aula CEMIT de As Pontes (A Coruña), situada no edificio de usos múltiples da Casa do Peso, e nel os asistentes aprenderán a realizar xestións administrativas por Internet, consultar o SIXPAC ou usar o correo electrónico.

As persoas interesadas en asistir deben chamar ao 981 773 377 ou enviar un correo a betanzos@sindicatolabrego.com

Ir a la portada