Desenvolvemento rural

Curso de incorporación á profesión gandeira

28/09/2019 10:20 a.m.

O Sindicato Labrego Galego organiza en Vilalba un curso de incorporación á actividade gandeira que se celebrará ao longo do mes de outubro. As clases impartiranse polas tardes, de luns a venres, no local do sindicato na capital chairega.

Este tipo de formación é obrigatoria para toda aquela persoa que queira incorporarse á profesión agrogandeira. As persoas interesadas poden solicitar máis información ou inscribirse antes do 18 de outubro chamando aos teléfonos  982 512 431 ou 604 026 536

Etiquetado
Ir a la portada