Agricultura

Curso de fruticultura e elaboracion de transformados en base a froita

Loading ad.
Ad could not be loaded.
13/02/2023 5:47 p.m.

A Fundación Juana de Vega, en colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo organiza un curso de fruticultura e elaboración de transformados..

A formación é eminentemente práctica, na que ao longo de todo o ciclo vexetativo traballarase con froiteiras. A parte final do curso dedicarase á tecnoloxía de elaboración de zumes, de sidra e doutros transformados en base a froita.

O curso pode realizarse de forma completa ou por módulos. Os alumnos que se matriculen no curso completo terán preferencia na asignación de prazas (20 en total).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ao final do curso, os alumnos estarán capacitados para:

1. Levar a cabo todas as operacións de xestión de explotacións frutícolas no espazo atlántico.

2. Realizar os labores de conservación, elaboración e comercialización de transformados de froita: sidra, zumes e outros produtos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para poder alcanzar os obxectivos, a execución do curso será de carácter descontinuo, abarcando o período comprendido entre finais de febreiro e decembro para que as prácticas se desenvolvan durante todo o ciclo vexetativo.

Todas as sesións terán lugar no CFEA de Guísamo salvo a inauguración e algunhas sesións teóricas que terán lugar na sede da Fundación Juana de Veiga en San Pedro de Nós (Oleiros).

Horario de o curso:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Clases no CFEA de Guísamo: de 16:30 h a 20:30 h.
Clases na Fundación Juana de Vega: de 16:00 h a 20:00 h

Consulta aquí o programa detallado

Cobre aquí o formulario de inscrición

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada