Agricultura

Curso de froiticultura na Fundación Juana de Vega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
03/02/2021 1:26 p.m.

A Fundación Juana de Vega abre o prazo de inscrición no curso de formación práctica de froiticultura do ano 2021 que se desenvolven en colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (Bergondo-A Coruña).

O curso ofrece unha ampla formación e ten unha duración de 125 horas. Comezará o 18 de febreiro, impartíndose en horario de tarde ata o mes de decembro. O custo da matrícula é de 200 euros.

As inscricións deberán realizarse nos formularios da páxina web www.juanadevega.org donde tamén se pode descargar os calendarios dos cursos 2021. 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As 20 prazas existentes para cada un dos cursos cubriranse por orde de inscrición ata o 12 de febreiro e darase prioridade ao alumnado matriculado en 2020, o cal sufriu a suspensión do curso por mor da COVID-19.

Para calquera dúbida ou consulta enviar un email a info@juanadevega.org, no teléfono 981.65.43.37.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Actividade pendente das posibles restriccións sanitarias das vindeiras semanas. 

Máis información nesta ligazón

 

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada