Agricultura

Curso de formación sobre horticultura en ecolóxico para cultivos de outono/inverno

Terá lugar en Boqueixón, no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude, entre os días 5, 7, 12, 14, 19 e 21 de setembro en horario de tarde. A súa asistencia require da inscrición previa

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 31/08/2022 10:33 a.m.

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria organiza unha acción de formación profesional e adquisición de competencias sobre cultivos de outono/inverno na horta ecolóxica. O obradoiro darase os días 5, 7, 12, 14, 19 e 21 de setembro no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude, no concello coruñés de Boqueixón. O horario do curso será de tarde, dende as 16:00 ata as 20:00 h.

O programa do obradoiro contén tanto nocións teóricas como prácticas. Cada día abarcará un tema, que será explicado en detalle na parte teórica antes de realizar exemplos prácticos. Os bloques de contido do curso inclúen nocións sobre a obtención de sementes, a eficiencia na explotación e traballos agrícolas e infraestruturas para cubrir os cultivos, entre outros. Cómpre engadir que a Consellería do Medio Rural conta cunha planificación de accións formativas para o restante ano 2022 dispoñible na web.

Nesta páxina pode atoparse o referido curso e facer a pre-inscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 881 86 73 31, ou enviarse un correo a cursos.agacal.sergude@edu.xunta.gal.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada