Carne

Curso de formación en Lugo para traballar en granxas avícolas

Impartirase ao longo de catro días no edificio administrativo da Xunta en Lugo a partir do vindeiro venres 25 de novembro

Loading ad.
Ad could not be loaded.
23/11/2022 11:05 a.m.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto desenvolver unha acción formativa en Lugo sobre capacitación para o persoal de granxas de gando avícola. O obradoiro impartirase ao longo de catro días no edificio administrativo da Xunta en Lugo a partir do vindeiro venres 25 de novembro.

O obxectivo desta formación é que os alumnos adquiran as competencias necesarias para o traballo profesional no sector avícola, incluíndo aspectos tanto prácticos como teóricos dos novos sistemas produtivos, as medidas de bioseguridade nas explotacións ou a xestión do esterco.

O curso está dirixido á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A inscrición pode facerse online na seguinte ligazón: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se están ou non admitidas.

Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 294 988, ou enviarse un correo a oscar.cacharron.mojon@xunta.gal

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada