Apicultura

Curso de formación en bioapicultura

25/09/2019 5:44 p.m.

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude (Boqueixón-A Coruña) organiza un “Curso de formación en bioapicultura”.

O curso, de carácter gratuíto, celebrarase no CFEA e ten unha duración de 20 horas (16 teóricas e 4 de visita a unha alvariza). Impartirase os sábados 5, 19 e 26 de outubro e 2 e 9 de novembro en horario de 10:00 a 14:00 horas.

As prazas son limitadas e as solicitudes deberán presentarse no CFEA de Sergude antes das 14.00 h
do día 4 de outubro, por fax 881 86 73 36 ou mail: cfea.sergude@xunta.es Máis información no teléfono 881 86 73 25.

Programa:

1. As abellas na terra
2. As abellas e a humanidade
3. Abellas e plantas: unha simbiose inevitable.
4. O enxame como superorganismo
5. Bioapicultura ou a arte de cultivar abellas.
6. Calendario de Bioapicultura. Parte1
7. Calendario de Bioapicultura. Parte2
8. Programa de investigación MENA de control da varroa.
9. Viaxe apícola a Andemil

Ir a la portada