Agricultura

Curso de fitosanitarios no concello ourensán de Maceda

Loading ad.
Ad could not be loaded.
08/06/2022 9:45 a.m.

A Oficina Agraria Comarcal (OAC) de Maceda, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar un curso de formación e adquisición de competencias sobre manipulación de produtos fitosanitarios. Impartida no salón de actos do concello de Maceda , a acción formativa celebrarase do 20 ao 28 de xuño e terá unha duración total de 27 horas, cun horario de tarde de 16:00 ás 20:00 horas.

O obradoiro aborda tanto aspectos teóricos coma prácticos de índole hixiénica, sanitaria, normativa e laboral. Esta iniciativa está dirixida ás persoas do medio rural, á xente moza e ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira.

A inscrición no curso pode facerse online no enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas. O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 988 788 740, ou enviarse un correo a oac.seca.maceda@xunta.es.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada