Agricultura

Curso de fitosanitarios en Redondela

Loading ad.
Ad could not be loaded.
27/07/2022 10:09 a.m.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar unha acción de formación profesional e adquisición de competencias básicas para a manipulación de produtos fitosanitarios. Terá lugar no Centro Cultural Multiusos da Xunqueira, na localidade pontevedresa de Redondela, do 1 ao 6 de agosto. Canto ao horario, dos días 1 ao 5 desenvolverase en horario de tarde (das 16:00 horas ás 20:30 horas), mentres o 6 será en horario de mañá (das 9:30 horas ás 14:00 horas).

O programa deste curso trata unha serie de nocións esenciais no tratamento de fitosanitarios, para o cal toma como base o Real decreto polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios. Así, a acción terá catro bloques de contido, comezando pola clasificación e descrición das pragas dos cultivos e continuando coa dos propios produtos fitosanitarios e o seu manexo.

A inscrición pode facerse online a través do enlace https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 609 83 28 62, ou enviarse un correo a atorres@epseaga.com

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada