Desenvolvemento rural

Curso de emprendemento no medio rural

17/09/2019 6:20 p.m.

A Rede Rural Nacional organiza do 30 de setembro ao 3 de outubro en Monforte de Lemos (Lugo) un “Curso de emprendemento no medio rural”. A formación é de carácter gratuíto e impartirase no Centro do Viño da Ribeira Sacra en horario de 9:15 a 15:00 horas.

O obxectivo principal é que os/as asistentes fortalezan as súas capacidades para emprender no medio rural: obteñan información acerca dos pasos básicos para emprender, afonden no desenvolvemento dun plan de negocio e adquiran capacidades noutras cuestións transversais como a comunicación ou a cooperación e xeración de sinerxías con outras iniciativas.

Público obxectivo

Persoas emprendedoras que teñan o seu propio negocio, pero que queiran diversificar a súa actividade e profundar coñecementos, tendo en conta a área xeográfica do obradoiro.

Persoas emprendedoras cunha idea de negocio, pero que  necesitan asesoramento para poder dar o paso e emprender, tendo en conta a área xeográfica do taller.

Persoal técnico/equipos de Grupos de Acción Local con interese nos contidos ofertados no curso para poder aplicar ao seu traballo e ao seu territorio.

Para inscribirse neste curso é necesario ademais de completar a inscrición a través da web da RRN, encher o cuestionario que pode atopar na seguinte ligazón:
https://es.surveymonkey.com/r/CursoEmprendimientoRRN_Galicia

O prazo de inscrición finaliza o 25 de setembro.

Consulta aquí o programa completo

Ir a la portada