Axenda

Curso de elaboración de viños e derivados

11/11/2017 4:53 p.m.

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) organiza un curso de formación baixo o título "Elaboración de viños e derivados", módulo do programa de Aptitude empresarial agraria con 30 horas lectivas.

Esta actividade, de carácter gratuíto, desenvolverase entre o 16 e o 23 de novembro nas instalacións de Evega en Ponte San Clodio s/n. Leiro (Ourense) e na mesma colabora o Instituto Galego da Calidade (INGACAL)

O seu obxectivo é formar a adegueiros, sobre os temas máis importantes relacionados coa enoloxía, abordando cuestións e aspectos que poidan mellorar os seus coñecementos na elaboración e tratamento do viño.

O número de prazas é de 20. O prazo de inscrición remata o 15 de novembro.

Descarga aquí o programa e a folla de inscrición.

Etiquetado
Ir a la portada