Axenda

Curso de elaboración de queixos en Lalín

Campo Galego 08/09/2021 10:44 a.m.

O Sindicato Labrego organiza en Lalín dous cursos impartidos polo mestre queixeiro José Luis Martín, un recoñecido asesor de queixerías tanto en Galicia como no resto do Estado. A formación desenvolverase entre o luns 20 e o venres 24 de setembro, ben en horario de mañá (10-14 horas), ben en horario de tarde (16 a 20 horas), no albergue municipal Vicente Agulló (Mouriscade, Lalín).

A maiores de tratar o proceso de elaboración de queixos, tamén se abordarán outros derivados lácteos. As persoas interesadas en máis información ou en inscribirse poden contactar co Sindicato Labrego no teléfono 986 573 232 ou no correo electrónico aestrada@sindicatolabrego.com.

Etiquetado
Ir a la portada