Agroalimentación

Curso de elaboración de queixos e postres lácteos

08/02/2019 7:32 p.m.

O Centro de Promoción Rural-EFA FONTEBOA organiza este mes un “Curso de transformación de lácteos”, que permitirá aprender a elaborar tanto queixos como sobremesas lácteas (iogur, requeixo...etc) As aulas impartiranse no CEFA Pedro Murias, de Ribadeo, entre os días 18 e 22 de febreiro.

Os obxectivos do curso son coñecer os procesos de elaboración dos produtos lácteos transformados e valorizar o leite líquido nun produto diferenciado, descubrindo as súas potencialidades.

Desta forma, ensinarase como elaborar queixos tipo Arzúa-Ulloa, así como iogures e postres lácteos. O programa inclúe visitas a empresas de transformación do leite e a ganderías, así como unha cata de queixos.

O custo do curso é de 195 € e inclúe aloxamento e almorzo.

As persoas interesadas en asistir poden anotarse chamando ao 981 733 051 ou enviando un correo a inscricion@efagalicia.org

Etiquetado
Ir a la portada