Desenvolvemento rural

Curso de elaboración de queixos e outros derivados lácteos 

24/11/2018 10:06 a.m.

O Sindicato Labrego Galego colabora na organización dun curso sobre transformación de produtos lácteos que impartirá o mestre queixeiro José Luís Martín. Serán 20 horas de aulas, do 10 ao 14 de decembro, na casa reitoral de Dordaño (Cesuras, A Coruña).

O curso está organizado pola Asociación Terras de Valcarce e conta co financiamento da Deputación da Coruña.

Se precisas máis información ou queres inscribirte, podes facelo chamando aos teléfonos 981 773 377 e 981 789 781.

Etiquetado
Ir a la portada