Forestal

Curso de certificación FSC, mercado de produtos forestais e edificación sustentable

15/04/2019 1:38 p.m.

FSC organiza un curso en Galicia sobre “Certificación FSC, mercado de produtos forestais e edificación sustentable”. O curso é de carácter semipresencial e gratuíto e está dirixido preferentemente a persoas desempregadas de Galicia.

En total, serán 34 horas de formación a distancia e 6 horas de carácter presencial. A data de inicio é o 29 de abril deste mes de abril.

As persoas interesadas poden facelo chamando ao teléfono 91 446 48 81 ou enviando un correo electrónico a l.guerra@es.fsc.org

Ir a la portada