Leite

Curso de axudante de granxa de vacún de leite

Loading ad.
Ad could not be loaded.
23/08/2017 4:59 p.m.

O Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla-Tambre-Mandeo organiza un "Curso de Axudante de Granxa de Vacún de leite”. O curso é gratuíto e o prezo de inscrición remata o día 1 de setembro.

Esta actividade formativa vai dirixida a todas aquelas persoas interesadas en traballar como persoal asalariado en granxas, tanto a tempo completo como parcial para cubrir vacacións e días libres, un tipo de emprego con alta demanda por parte das explotacións gandeiras.

Neste sentido, o obxectivo do curso é formar a 20 axudantes de granxa que posteriormente se empreguen neste servizo, ben como asalariados, ou ben por conta propia.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O curso, que se impartirá nos meses de setembro e outubro, consta dun total de 110 horas de formación teórica, que se impartirán nas instalacións da cooperativa Melisanto, en Melide, e 60 horas prácticas en granxas que teñen necesidade deste servizo.

Para máis información e para a inscrición poden dirixirse directamente á sede do GDR, en Pedrouzo (O Pino) ou chamar ao 981 511 377

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada