Apicultura

Curso de apicultura en Navia de Suarna

Estará baseado no manexo agroecolóxico das colmeas e desenvolverase nas dúas últimas fins de semana de marzo e a primeira de abril

Campo Galego 06/03/2022 11:36 a.m.

O Sindicato Labrego Galego organiza durante este mes de marzo e comezos de abril un corso sobre apicultura sustentable en Navia de Suarna.

Cunha duración de 20 horas, a acción formativa está enfocada a ensinar como realizar un manexo agroecolóxico das colmeas e desenvolverase na escola de Barcia.

As clases serán impartidas en horario de mañá, de 10 a 14 horas, as dúas últimas fins de semana de marzo e a primeira do mes de abril, en concreto, os días 19, 20, 26 e 27 de marzo e o sábado 2 de abril.

Para anotarse pode chamarse ao número de teléfono 722 180 038 ou enviar un email ao enderezo electrónico lugo@sindicatolabrego.gal.

Etiquetado
Ir a la portada