Desenvolvemento rural

Créase un ‘banco de terras’ dixital para 25 concellos da Limia – Arnoia

O Grupo de Desenvolvemento Rural Limia - Arnoia pon en marcha unha plataforma dixital para conectar ás explotacións demandantes de terras coas persoas propietarias interesadas na venda, aluguer ou cesión

Campo Galego 28/11/2022 6:04 p.m.

O proxecto Aterra é unha iniciativa posta en marcha polo Grupo de Desenvolvemento Rural Limia - Arnoia que ten como obxectivo recuperar unha parte da produción agraria abandonada e facilitar o acceso á terra agraria. Deste modo, é así o primeiro proxecto de xestión de terras a nivel comarcal que se implementa dende a base. A súa presentación terá lugar o vindeiro día 30 de novembro ás 12.30h no salón de actos do concello de Sarreaus.

Ca súa posta en marcha crearase unha plataforma -aterra.gal-para conectar ás persoas que demanden terra para a creación ou ampliación dun proxecto agrícola ou gandeiro con aquelas persoas que propietarias de terras ou empresas en funcionamento interesadas nunha cesión, aluguer ou venda. En definitiva, o que se pretende é frear o abandono dos proxectos agrícolas e poñer en contacto ás persoas que demandan terreos coas que os ofertan.

O ámbito de actuación de Aterra son os 25 municipios da provincia de Ourense que forman parte do territorio GDR Limia Arnoia e que pertencen ás comarcas de Allariz- Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terras de Celanova. Nesta iniciativa participan tamén oficinas agrarias comarcais, asociacións agrarias profesionais e universidade.

O programa da presentación do proxecto é o seguinte:
12:30h: Benvida. Marian Novoa (GDR Limia-Arnoia)
12:33h: Presentación e introdución ao GDR e á problemática do acceso á terra. Gumersindo Lamas Alvar, Presidente do GDR Limia-Arnoia
12:45h: Mesa de experiencias ‘O acceso á terra no territorio Limia Arnoia en proxectos subvencionados polo Leader’. Modera X.M. Puga (GDR Limia Arnoia) e intervirán:
- Carmen de Ecoleia. 30 anos de aproveitamento do monte comunal para a produción de leite ecolóxica. Allariz
- Isabel Santos, de Cooperativa Bustelo
- Ivén Cubillas, de A Vaquería en Baltar
- Tonecho, de Gandería Balín de Verea
13:05h: Presentación e demostración da iniciativa Aterra

Etiquetado
Ir a la portada