Carne

Créase na Limia a plataforma ‘Auga limpa xa’ pola contaminación de nitratos

O colectivo, constituído por veciños e profesionais do sector agrario e forestal, advirte da deficiente xestión dos residuos gandeiros, que está a afectar ás augas de consumo humano da comarca

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 29/01/2019 10:02 a.m.

Un grupo de veciños da Limia, Baixa Limia, Celanova e Monterrei vén de constituír a plataforma ‘Auga Limpa xa’. O colectivo, no que participan tamén profesionais do sector agrario e forestal, demanda dunha mellora da xestión dos residuos que xeran as granxas intensivas da comarca, a gran maioría ligada a Coren.

[caption id="attachment_81988" align="alignright" width="320"] Imaxe do acto de constitución da Plataforma.[/caption]

A plataforma amosa a súa preocupación polo aumento dos nitratos nas augas subterráneas de consumo humano. “O nivel máximo de nitratos permitido na Unión Europea é de 50 miligramos por litro e nas analíticas da Confederación Hidrográfica Miño Sil chegáronse a rexistrar 174 miligramos por litro en Vilariño das Poldras, preto do canal da Lagoa de Antela” -sinalan desde a Plataforma en nota de prensa.- “A propia Confederación recoñeceu que a orixe do problema está nos residuos gandeiros”, advirten.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As arredor de 400 granxas de polos, porcos e tenreiros suman na chaira da Limia 75.000 unidades de gando maior, segundo os cálculos da Plataforma, o que supón unha carga de residuos equivalente a unha poboación de 1,4 millóns de persoas. “É como meter á metade da poboación de Galicia no 1% do territorio”, comparan. “Boa parte dos residuos que se xeran estanse a ciscar sen control en parcelas e montes da chaira limiá e das comarcas veciñas de Monterrei, Celanova e Baixa Limia”, critican.

[caption id="attachment_81991" align="alignright" width="320"] Balsa de purín sen impermeabilización. / Arquivo.[/caption]

Proposta de solucións
A plataforma ‘Auga limpa xa’ fai un chamamento a buscar solucións ó problema. “Como medida urxente, destacamos unha moratoria na instalación de novas explotacións gandeiras intensivas e a correcta xestión dos residuos gandeiros que producen as explotacións xa en funcionamento”, demandan. “Defendemos unha gandeiría vinculada á terra produtiva e aos coidados do territorio, baseada en criterios de sostibilidade para xerar alto valor engadido e ter prezos xustos para as produtoras e produtores destas comarcas”, conclúen.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada