Forestal

Creado o Observatorio de datos da resina

Achegará información sobre prezos e situación do mercado para que propietarios e resineiros poidan tomar decisións en función da rendibilidade da actividade en cada monte

Campo Galego 05/01/2023 9:50 a.m.

[caption id="attachment_189324" align="aligncenter" width="660"] Resinación polo método de pica tradicional e con bolsa. Foto: Ismael Muñoz[/caption]

O Grupo Operativo Resinlab, integrado por centros de investigación de Castela e León, Castela-A Mancha e Estremadura, crea o Observatorio de Datos da Resina co obxectivo de achegar transparencia a un sector clave na xestión forestal sostible das masas de Pinus pinaster e na xeración de rendas nalgunhas provincias.

No Grupo Operativo RESINLAB, Rede de Territorios para o impulso da actividade resineira, propietarios, xestores, investigadores, resineiros e a industria de transformación traballan conxuntamente para innovar nos procesos de obtención da resina; nos modelos profesionais que permitan unha maior rendibilidade a resineiros e propietarios; e na mellora da cadea de valor que garanta o mantemento da actividade e do mercado nacional.

Dispoñer de transparencia facilita ao sector tomar as mellores decisións sobre o aproveitamento e a venda do produto

Forman parte deste proxecto como socios: CESEFOR, COSE, JOGOSA, ADISGATA, FAFCYLE, Sociedade Cooperativa PINASTER, Industrial Resinera VALCAN S.A. e LURESA Resinas S.L.

“Dispoñer de transparencia facilita ao sector tomar as mellores decisións sobre a actividade, o aproveitamento e a venda do produto. Mostrará a importancia económica, social e cultural que a resinación ten en numerosos municipios e o potencial que ten como xerador de emprego e rendas rurais”, comenta Aída Rodríguez, coordinadora do GO Resinlab.

Información sobre a situación do mercado

O Observatorio de Datos da Resina nace despois da recompilación de información entre diversas administracións e organismos públicos e entrevistas en profundidade cos protagonistas da actividade como propietarios, resineiros e industria de primeira e segunda transformación da resina natural.

Este Observatorio achegará transparencia a un sector clave na xestión forestal de masas de Pinus pinaster e na xeración de rendas nalgunhas provincias

Recollerá información sobre a actividade da resinación, os resineiros, a industria e o mercado e permitirá a resineiros e propietarios tomar as mellores decisións cun maior coñecemento da situación do sector en cada momento.

Completarase con información sobre a balanza comercial e o mercado internacional e contará co asesoramento dun grupo de expertos científicos, técnicos e de xestión. Toda a información estará accesible nun portal web que estará dispoñible antes do mes de marzo, cando remata o traballo do GO Resinlab.

Asesoramento a propietarios

O Observatorio da Resina estrutúrase en catro grandes bloques:

Toda esta información estará en aberto nun portal web onde se poderán consultar, entre outros, os datos sobre:

O directorio de expertos reúne xa a máis de 50 profesionais que achegan coñecemento e experiencia para solucionar problemas que poidan ter os novos resineiros ou resineiras, propietarios ou mesmo a industria. A intención é que o Observatorio estea activo máis aló da terminación do grupo operativo. Para iso, asináronse acordos de colaboración con estes expertos, celebraranse reunións anuais e actualizaranse os datos do Observatorio, dos experimentos nas parcelas nas que se desenvolveron distintos ensaios para a mellora do aproveitamento e o repositorio de documentos técnicos e de consulta.

Ferramenta de toma de decisións

[caption id="attachment_189321" align="alignright" width="200"] Colofonia almacenada. Foto: Ismael Muñoz[/caption]

A ferramenta de apoio á toma de decisións (TDD) está organizada para os tres actores principais da cadea de valor da resina: resineiros, propietarios e industria de transformación. Organízase en dúas partes diferenciadas: por unha banda, responde ás principais dúbidas que poden afectar a cada un deles para emprender a súa actividade, recibir axudas ou desenvolver da forma máis eficiente e sostible a resinación. Por outro, ofrece dúas ferramentas para que o resineiro calcule a rendibilidade do seu aproveitamento e para que o propietario poida coñecer o valor do monte de piñeiro pinaster que queira resinar.

Con estas ferramentas calquera resineiro de forma moi sinxela poderá decidir se lle vai a interesar ou non a actividade

Para o resineiro, a Universidade Politécnica de Madrid (UPM) creou unhas táboas de consulta nas que o resineiro pode comprobar a rendibilidade que terá o seu traballo en función do número de piñeiros en resinación, a produción e o prezo da resina.

Tamén dispoñerá dunha calculadora, en formato Excell, na que o resineiro poderá introducir os seus datos de número de piñeiros resinados e prezo final da resina na campaña e calcular a súa rendibilidade de forma máis axustada ás súas circunstancias.

“Con estas ferramentas calquera resineiro de forma moi sinxela poderá analizar en que escenario vai atopar en función de distintas variables e poida decidir se lle vai a interesar ou non a actividade. Trátase de facilitar a actividade e a súa rendibilidade”, comenta Patricia Gómez, da Confederación de Selvicultores COSE.

Parcelas de ensaio

Para o propietario forestal a información complétase cunha ferramenta para coñecer o valor do monte de piñeiro pinaster que queira resinar ou vender, en función de se se trata dun monte desarbolado ou plantado e da idade do piñeiral, ou de se dispón ou non de subvención.

As parcelas experimentais están situadas en Huerta del Marquesado (Cuenca), Cobeta (Guadalaxara), Tabuyo del Monte (León), Nieva (Segovia), Cuéllar (Segovia), Tardelcuende (Soria), Gata (Cáceres) e Siberia (Badaxoz).

Este proxecto de innovación recibiu unha subvención de 568.974,77 € cofinanciado ao 80% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) e ao 20% por fondos da Administración Xeral do Estado.

Etiquetado
Ir a la portada