Carne

Creada unha asociación sectorial de vacún de carne, A Vaca

O colectivo, impulsado por Unións Agrarias, baralla a creación dunha marca propia no marco de Ternera Gallega. O seu presidente, José Ramón González, sitúa como prioridade o reto dunha PAC post-2020 que manteña a financiación da gandería extensiva

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 19/03/2018 6:44 p.m.

O sector do vacún de carne galego estase preparando para a futura creación de organizacións de produtores, unha figura aínda pendente de regulación en España. Son varias as organizacións de produtores en perspectiva, entre elas a que ten previsto crear Unións Agrarias, que xa se decidiu a aglutinar ás explotacións interesadas no proxecto nunha asociación sectorial, A Vaca, orientada só a ganderías en extensivo que traballan con vacas nutrices.

O presidente de A Vaca é José Ramón González, que xa viña coordinando o sector de vacún de carne en Unións Agrarias. “O obxectivo último da asociación sitúase na creación dunha marca propia, no marco de Ternera Gallega e de Vaca e Boi de Galicia, coa idea de impulsar prácticas comerciais máis transparentes e do século XXI”, destaca González.

[caption id="attachment_61622" align="alignright" width="320"] Acto de presentación da asociación.[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A creación de A Vaca formalizouse a pasada semana nunha reunión constituínte celebrada no salón de actos da Deputación de Lugo. Ao longo dos próximos meses, Unións informará sobre a asociación as súas explotacións socias de vacún de carne en extensivo, “que superan as 3.000”, sinala o presidente da agrupación.

O colectivo organizarase en torno a cinco territorios, tres da provincia de Lugo (Mariña – Terra Cha, montaña lucense e Lugo interior e sur), un na provincia da Coruña e outro que aglutinará a Ourense-Pontevedra.

PAC post-2020
Como primeiro paso da nova asociación, José Ramón González sitúa a batalla política que prevé dar sobre a PAC post-2020.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[caption id="attachment_61613" align="alignright" width="320"] José Ramón González, presidente de A Vaca.[/caption]

“Están previstos recortes nas axudas da PAC, que son imprescindibles para as ganderías de vacún de carne en extensivo, que teñen unha renda que depende un 40% das axudas. Ante esta situación, hai que demandar uns novos criterios de reparto nos que clarifiquemos quen pode cobrar a PAC e quen non. Deberase tamén establecer un teito de axudas máximas a percibir por explotación”, advirte González.

“A gandería de carne xoga un papel imprescindible á hora de fixar poboación no rural e cumpre tamén unha función medioambiental clave en cuestións como a prevención de lumes”, conclúe González.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada