Leite

Covap mantén un encontro con Medio Rural sobre a planta de Meira

A cooperativa trasládalle á conselleira a súa intención de poñer a industria ó 100% do seu rendemento. Continuará actuando como proveedora de Mercadona

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 13/08/2018 3:22 p.m.

O presidente da Cooperativa del Valle de los Pedroches (Covap), Ricardo Delgado, acudiu esta mañá a Santiago para manter unha reunión de toma de contacto coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez. Na reunión participou tamén a nova directiva da planta de Covap en Meira, que a cooperativa andaluza lle mercou recentemente a Leche Celta, así coma representantes de Mercadona, a cadea para a que a planta de Meira traballa como proveedora.

Covap, que opera en Galicia por medio da súa filial Naturleite, presentoulle á conselleira os seus plans para a industria, que pasan por poñela ó 100% do seu rendemento, coa idea de continuar suministrando a Mercadona.

No intre da compra da planta, a cooperativa xa anunciara a súa vontade de envasar só leite 100% galego e de manter as relacións contractuais coas arredor de 250 ganderías que lle viñan suministrando leite a Leche Celta para o seu procesamento en Meira. A compra da planta por parte de Covap faise efectiva o 1 de xaneiro do 2019.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Desde Medio Rural amosouselle a Covap a plena disposición para colaborar con esta iniciativa, segundo informa a Consellería en nota de prensa.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada