Leite

Cotizacións internacionais dos produtos lácteos nesta semana

Loading ad.
Ad could not be loaded.
24/08/2023 12:11 p.m.

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar este venres as cotizacións desta semana na UE e a nivel internacional.

No territorio comunitario as cotizacións desta semana son as seguintes:

-Manteiga: 449 €/100 kg, -1,5 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 227 €/100 kg, -0,8 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 336 €/100 kg, -1,2% ,,
-Queixo cheddar: 358 € /100 kg -0,1%

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia baixou esta semana até os 0,498 euros o litro.

Os costes de alimentación do gando baixaron un 1,9% pero os costes da enerxía subiron un 8,5% respeto a hai catro semanas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No primeiro semestre do ano, as entregas de leite na Unión Europea medraron un 0,8% en relación ao mesmo período do 2022.

En canto ás cotizacións dos outros dous principais exportadores de produtos lácteos, Nova Zelanda e Estados Unidos, no primeiro a tendencia á baixa é acusada, mentres que en Estados Unidos os prezos dos produtos lácteos seguen á alza, agás o leite desnatado en po.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

 

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada