Desenvolvemento rural

A Cornixa Cantábrica e Galicia son as comunidades onde máis terras de cultivo se están perdendo

04/02/2021 9:04 p.m.

As Comunidades da Cornixa Cantábrica (País Vasco, Cantabria e Asturias), xunto con Galicia e Estremadura, son as comunidades nas que máis terras de cultivo están a perderse.

Así se desprende da comparación entre os datos do SIGPAC, o sistema de información xeográfica que utiliza o Ministerio para o pago das axudas da PAC, das campañas 2012 e 2021.

Nestes 9 anos España perdeu case 2 millóns de hectáreas de terras de cultivo, que pasaron fundamentalmente a usos forestais ou ao abandono. En concreto, pasou en 2012 de ter 14274781 hectáreas de terras cultivadas a 12641943 hectáreas en 2021, o que supón unha caída do 11,44%.

Porén, existen importantes diferenzas entre áreas xeográficas: as Comunidades da España húmida, cunha maior vocación cara á gandaría de vacún de leite e de carne, foron nas que máis descendeu a superficie dedicada a terras de cultivo, mentres que a España mediterránea, orientada cara a unha agricultura máis de cultivos de horta e cerealista foi onde menos se acusou a perda de terras de cultivo.

Así, as comunidades onde houbo un maior abandono de superficie agrícola de cultivos foron Asturias (-57,59%), seguida de Cantabria (-33,9%), Estremadura (29,16%) País Vasco (-23,15%), Galicia (-17,16%) e Andalucía (-15,91%).

No lado oposto, onde se conservou mellor a superfice de terras de cultivo, foi en Cataluña (-0.57 %), Aragón (-2.06 %), Murcia (-2.34 %), Comunidade Valenciana (-2.5 %), Navarra (-3.89 %), Madrid (-5.32 %), A Rioxa (-6.62 %), Castela A Mancha (-7.89 %) e Canarias (-8.13 %).

[caption id="attachment_135924" align="aligncenter" width="936"] Fonte: FEGA[/caption]

Datos de usos da terra por Comunidade Autónoma en 2012: 

Datos de usos da terra por Comunidade Autónoma en 2021:

Etiquetado
Ir a la portada