Carne

Coren xa exporta o 41% da súa produción cárnica

Loading ad.
Ad could not be loaded.
23/04/2017 12:58 p.m.

O Grupo Coren consolidou en 2016 os seus mercados no estranxeiro dando un impulso ás súas exportacións, de modo que representan xa o 41% das súas vendas cárnicas, segundo reflicte o balance de actividade do pasado exercicio da cooperativa galega.

Segundo destaca a cooperativa ourensá nun comunicado, durante o ano 2016, as principais producións da cooperativa presidida por Manuel Gómez-Franqueira rexistraron importantes crecementos, entre os que sobresae o incremento en avicultura, en particular en pito e ovos campeiros, cunha suba do 10%; ou en porcino, fundamentalmente na gama Selecta de porco alimentado con castañas, que medrou un 50%.

Deste xeito, o volume de exportacións cárnicas do grupo incrementouse pasando dun 38% en 2015 a un 41% en 2016. O crecemento rexistrouse en todas as áreas, tanto en porcino e avicultura como en vacún. Ademais dos países europeos, mercados asiáticos como Xapón ou China atópanse entre os máis importantes para a cooperativa galega.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Coren advirte da tendencia para converter España nun país “low cost” para a agroalimentación

“Este impulso ás vendas no exterior permítelle a Coren fortalecerse ante as dificultades que persisten no mercado nacional, pois a recuperación do consumo tras as dificultades dos últimos anos non se está traducindo nunha mellora de prezos no sector agroalimentario, que continúan entre os máis baixos da Unión Europea”, advirten. De feito, Coren leva tempo advertindo sobre “a tendencia para converterse nun país “low-cost” no sector de agroalimentación, polo que continúa reclamando uns prezos xustos para o sector primario”.

En particular, o porcino sufriu o ano pasado unha importante crise de prezos, que obrigou a moitos produtores a vender practicamente por baixo dos prezos de custo, e que derivou tamén no citado impulso de vendas ao exterior.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Deste xeito, e a pesar da baixada de prezos do mercado, a cooperativa pechou o pasado exercicio cun volume de facturación próximo aos 1.000 millóns de euros en que se move nos últimos anos, en concreto en 950 millóns de euros.

O Grupo Coren é a principal cooperativa cárnica española, que xera un volume de emprego de 6.000 familias entre socios e traballadores. A cooperativa realiza anualmente compras a provedores na Comunidade galega por valor de 200 millóns de euros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada