Carne

Coren prevé duplicar en 2018 a súa produción actual de porco alimentado con castañas

O Grupo Coren lanza un Plan Estratéxico co obxectivo de duplicar en 2018 a súa produción actual da Gama Selecta de porco alimentado con castañas. O presidente do Grupo, Manuel Gómez-Franqueira, presentou onte os obxectivos de crecemento do proxecto.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
27/11/2015 12:21 p.m.

Impulsar a produción de carne de porco alimentado con castañas é o obxectivo que se marca o novo Plan Estratéxico de Expansión da Gama Selecta 2016-2018, un ambicioso proxecto da cooperativa galega presentado a pasada noite polo presidente do Grupo Coren, Manuel Gómez-Franqueira, nun acto que se desenvolveu no Mosteiro de San Clodio, en Leiro (Ourense).

O Grupo Coren lanzou Gama Selecta de porco alimentado con castañas en 2012, froito dun proxecto de I+D que tiña como obxectivo poñer no mercado unha carne de porco diferente, máis saborosa, e que se basea en tres craves: razas seleccionadas para favorecer a infiltración de graxa, máximo benestar dos animais criados con saída aos campos galegos e alimentación a base de castañas.

Así naceu Selecta de Coren, a gama de porco alimentado con castañas e producido 100% en Galicia. Desde a cooperativa ourensá aseguran que “desde a súa introdución no mercado, a carne fresca de Selecta foi un éxito grazas á súa textura e sabor únicos, co toque lixeiramente dulzón que achega a castaña”. En 2013, Coren lanzaba ao mercado os Xamóns Selecta, “que tamén desde un principio foron todo un éxito polo seu veteado e sabor característico”, aseguran.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“Coren prevé alcanzar os 22,8 millóns de carne Selecta de porcino en 2018”

Coincidindo coa presentación do Xamón Selecta en setembro de 2013, Coren anunciaba o seu primeiro Plan Estratéxico 2014-2015 que marcaba as pautas de crecemento do proxecto e que, transcorrido o citado período, executouse na súa integridade, alcanzando o cumprimento de todos os obxectivos establecidos.

O Grupo Coren lanza agora o Plan Estratéxico da Gama Selecta 2016-2018. Con este plan, a cooperativa prevé duplicar a produción actual de carne de porco alimentado con castañas. De feito, Coren pechará o ano 2015 cunha produción de 11,4 millóns de quilos de carne Selecta, mentres que en 2018 está previsto que se sitúe por encima dos 22,8 millóns de quilos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Pola súa banda, a produción de Xamón Selecta pasará das 62.400 unidades comercializadas durante 2015 a máis de 208.000 no ano 2018.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Lacón Selecta

Un dos eixos do novo Plan Estratéxico de Selecta é o impulso do lacón de porco alimentado con castañas, como un dos produtos máis típicos da gastronomía galega.

Así, Coren pechará o presente exercicio de 2015 cun volume de produción de 57.000 quilos de lacón, cifra que se prevé multiplicar en 2018 ata situarse nos 377.000 quilos.

O lacón Selecta conta con varias presentacións, pensadas para adaptarse ás necesidades de todos os consumidores, tanto a presentación tradicional enteira con pata como o precortado (con varios cortes que permiten ao consumidor cortalo en anacos facilmente) ou o listo para cociñar que non necesita desalgado.

Prevé duplicar a compra de castaña

En consonancia cos retos de crecemento que establece o Plan Estratéxico, Coren duplicará a compra de castaña nos próximos anos. En 2015, o volume necesario para alimentar os porcos Selecta ascendeu a 1,5 millóns de quilos, aínda que en 2018, a demanda de castaña incrementarase ata superar os 3,1 millóns de quilos.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada