Carne

Coren prevé adquirir este ano 4,5 millóns de quilos de castañas para a súa gama “Selecta”

Loading ad.
Ad could not be loaded.
22/10/2017 11:46 a.m.

Co obxectivo de dispoñer de castaña en cantidades suficientes para as necesidades da súa gama Selecta de porco alimentado con castañas, o Grupo Coren está a promover a recollida deste froito en Galicia durante a presente tempada.

Así, e en consonancia co crecemento que está a experimentar a gama Selecta, Coren elevará as súas previsións de adquisición de castaña na actual campaña, partida que se destinará á alimentación dos porcos durante o próximo ano.

En concreto, se para este ano 2017 a cooperativa adquiriu máis de tres millóns de quilos destinados á alimentación dos porcos Selecta, "o obxectivo para 2018 sitúase en máis de 4,5 millóns de quilos de castaña, o que representa unha achega económica ao campo galego estimada en máis de sete millóns de euros", segundo a cooperativa ourensá.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para a alimentación dos porcos Selecta, Coren adquire a castaña en tempada. Logo, pasa por un proceso de pelado e cocción (para evitar o amargor da casca e facilitar a súa dixestibilidade), e posterior conxelado, o que permite a súa conservación co fin de ter dispoñibilidade para a alimentación dos porcos durante todo o ano, mantendo intactas as súas propiedades nutricionais.

Ademais, ante as boas perspectivas de crecemento da carne da Gama Selecta no mercado, Coren prevé que o volume de castaña adquirida en Galicia para a alimentación dos porcos continúe medrando durante os próximos anos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada