Carne

Coren pon en marcha en Friol un avanzado centro de Reprodución, Xenética e I+D Avícola

Loading ad.
Ad could not be loaded.
02/12/2017 12:05 p.m.

O Grupo Coren acaba de pór en marcha en Friol (Lugo) o seu novo Centro de Reprodución, Xenética e I+D Avícola - Friol 1, a primeira fase do proxecto do Centro de Investigación Xenética Avícola e Nutrición de Porcino e Vacún que a cooperativa prevé desenvolver en Lugo co obxectivo de lograr a dimensión necesaria para atender as necesidades de crecemento do mercado nacional e internacional nos próximos anos.

As instalacións foron inauguradas polo presidente e conselleiro delegado de Coren, Manuel Gómez-Franqueira Álvarez e polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, entre outras autoridades.

O Centro de Reprodución, Xenética e I+D Avícola - Friol 1, será estratéxico para fortalecer a produción de avicultura de Coren e orientala cara á a exportación, pois o 50% da produción con orixe nesta planta destinarase ao mercado exterior.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O presidente de Coren indicou na inauguración da planta que a cooperativa realizará nela a selección das liñas xenéticas e cruces para conseguir os animais máis sans, robustos e con altos niveis de inmunidade; á vez que permiten obter os diferentes tipos de carne máis adaptados a cada un dos mercados nos que comercializa os seus produtos.

Tamén se investigarán as xenéticas autóctonas galegas, desenvolvendo así o potencial e riqueza de Galicia. “Deste xeito, as investigacións que antes só se realizaban en terceiros países, agora tamén se desenvolven en Galicia”, sinalou Manuel Gómez-Franqueira.

O Centro de Reprodución, Xenética e I+D Avícola de Coren conta cunha capacidade de 55.000 reprodutoras -as nais dos futuros pitos da cooperativa-, en cinco naves. O centro está deseñado para permitir a realización de estudos que desenvolvan as melloras produtivas para dar resposta ás necesidades do mercado.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Unha “explotación 4.0” á vangarda en tecnoloxía

A planta caracterízase por unhas condicións de máxima bioseguridade, aspecto crave e diferenciador desta planta, para minimizar calquera risco sanitario. As novas tecnoloxías son fundamentais na seguridade do centro e tamén para a súa xestión, xa que esta nova planta está concibida como unha “explotación 4.0”, dotada cos máis novos sistemas de xestión avícola, controlados informáticamente a través da tablet e vía wifi.

A domótica aplicada á gandaría permite controlar a nutrición dos animais ou parámetros como a temperatura exterior e interior, a calefacción, ventilación, humidade... Se se producise algunha situación anormal, o encargado da planta recibe unha alerta no seu móbil que permite emendala canto antes.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Igualmente, todos os datos de produción, produtividade e xenética quedan rexistrados no sistema informático para o seu control e posterior xestión nos estudos e proxectos de I+D que se van a desenvolver.

Os ovos incubables procedentes destas reprodutoras canalízanse coas máximas garantías de seguridade e hixiene, e logo trasladaranse ao Centro Tecnolóxico de Incubación de Razas Autóctonas de Portomarín , Lugo. Destes ovos incubables van nacer máis de 7 millóns de poliños ao ano.

O centro está deseñado para minimizar o impacto ambiental. Trátase dunha planta autosuficiente coa enerxía que produce. Está dotada de caldeira de biomasa na que procesa a galiñaza alí xerada, que representa parte do combustible empregado xunto a biomasa da zona.

Conta tamén coas tecnoloxías máis eficientes de calefacción, ventilación ou iluminación, así como de aforro de auga.

Un investimento de 5,4 millóns de euros

A construción do centro de Reprodución, Xenética e I+D Avícola incluíndo todos os servizos e instalacións auxiliares, entre eles a vivenda destinada a residencia dos granxeiros- supuxo un investimento de 4.100.000 de euros por parte do Grupo Coren, e contou cunha axuda institucional da Xunta de Galicia de 1.316.000 euros, que permitiron construír unha instalación innovadora e punteira, única en Europa.

Este é o primeiro paso do conxunto de proxectos previstos por Coren entre Friol e Portomarín, dentro do Plan de Acción de Coren en Lugo, que levará un investimento de 33 millóns de euros por parte da cooperativa e suporán a creación dun total de 175 postos de traballo no campo galego. Estes empregos súmanse aos máis de 600 que xa xera Coren actualmente na provincia de Lugo.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada