Carne

Coren adquire a Alibós dous millóns de quilos de castaña para alimentar aos porcos Selecta o próximo ano

Trátase de castaña galega, que se recolle en tempada, e pélase, cócese e conxélase, co fin de que estea dispoñible todo o ano mantendo as súas propiedades nutricionais

Loading ad.
Ad could not be loaded.
13/12/2015 12:08 a.m.

O Grupo Coren, a primeira cooperativa agroalimentaria de España, pechou a adquisición de dous millóns de quilos de castaña galega, que destinará á alimentación dos porcos da gama Selecta ao longo do próximo ano.

Manuel Gómez-Franqueira, presidente do grupo Coren, formalizou o acordo de compra con Jesús Quintá, xerente de Alibós, unha das principais empresas recolectoras e transformadoras de castaña de Galicia.

O citado acordo supón un notable aumento no volume de castaña adquirida con respecto a exercicios anteriores. En 2015, Coren adquiriu 1,5 millóns de quilos de castaña, cantidade superior á prevista a principios do ano, debido ao aumento das previsións da demanda da Gama Selecta ao consolidarse no mercado da carne de porco alimentado con castañas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O Plan Estratéxico da Gama Selecta de porco alimentado con castañas para o período 2016-2018 prevé que a produción de Selecta continúe crecendo e, con iso, a demanda de castaña. En concreto, o obxectivo é duplicar a actual produción de carne de porco alimentado con castañas, ata
alcanzar os 22,8 millóns de quilos dentro de tres anos.

A castaña que se destina á alimentación dos porcos Selecta procede integramente de Galicia. Recóllese en tempada e logo pasa por un proceso de pelado e cocción, para evitar o amargor da casca e facilitar a súa dixestibilidade. Posteriormente conxélase, o que permite a súa conservación co obxectivo de ter dispoñibilidade para alimentar aos porcos durante todo o ano, mantendo intactas as súas propiedades nutricionais.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada