Carne

COPORCEL avanza acordos de comercialización de porco celta a nivel internacional

A empresa con sede en Lugo conta con 200 reproductoras, o que a converte na principal subministradora de porco celta de España. No seu primeiro ano de actividade pechará o exercicio cun volume de vendas de 400.000 euros e 26 traballadores, entre postos directos e indirectos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
18/06/2015 2:35 p.m.

A empresa lucense Coporcel participou a pasada semana no Salón de Alimentación do Atlántico, celebrado en Silleda, no que avanzou acordos de comercialización a nivel internacional con firmas europeas de países como Italia, Alemaña e Escocia e tamén latinoamericanas, en México, Colombia ou Brasil.

A firma, centrada na produción e comercialización de porco celta, mantivo contactos ademais con profesionais de Xapón, China ou Taiwán.

Coporcel constituíuse no ano 2010 como unha empresa dedicada integramente á produción e comercialización do porco celta, aínda que non foi ata finais do ano 2014 cando se formalizou a entrada no conxunto de accionistas dos actuais socios. Tras varios meses de traballo, a empresa arranca agora coa súa estratexia comercial, dirixida, de xeito especial, á restauración e o mercado gastrónoma.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Conta coa maior cabana de Porco Celta

A empresa comercializa animais de porco celta tanto en vivo como a través dos seus derivados co despezamento e elaboración de produtos tras o sacrificio en matadoiros autorizados. Actualmente,Coporcel é a empresa española que conta con maior número de reproductoras nas súas granxas integradas e asociadas, ata 200 exemplares.

A explotación principal encóntrase en Santalla, Triacastela, ás que se suman granxas integradas no resto da comunidade con grandes extensións de bosques e soutos de castiñeiros, as máis apropiadas para a alimentación dos animais. O director xeral de Corpocel,Manuel Losada Fernández, destacou na presentación da firma que se trata de "un manxar de lenda en perigo de extinción".

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Entre a gama de produtos que Coporcel pon á venda están os elaborados directamente do porco celta como os produtos curados e embutidos, entre eles xamón curado, lacón, cabezas, manitas, touciño entrefebrado ou o chourizo galego.

Previsión de vendas

Coporcel prevé pechar o exercicio de 2015 cun volume de vendas de 400.000 euros, cifra que esperan aumentar en 2016 ata alcanzar os 1,4 millóns de euros. Na actualidade, o emprego directo que xera a empresa é de 6 persoas, que pasarán a ser 8 o ano próximo. O emprego indirecto elévase ata os 20 traballadores. A maior parte son postos creados no medio rural e concretamente no sector gandeiro, sobre todo da provincia de Lugo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Un proxecto que apadriña Héctor López

Héctor López, cociñeiro do Grupo Nove e responsable do Restaurante España, presta o seu apoio ao proxecto de Coporcelcomo xefe de cociña executivo a través da elaboración dalgún dos seus pratos con porco celta, así como asesorando no desenvolvemento de novos produtos.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada