A cooperativa Aira coñece a estratexia do sector lácteo de Finlandia para reducir as súas emisións

Unha representación da cooperativa visitou o país nórdico dentro dun proxecto europeo liderado por Coopeativas Agroalimentarias de España

03/10/2022 12:17 p.m.

A cooperativa AIRA acaba de coñecer a estratexia que segue o sector lácteo de Finlandia para reducir as súas emisións e potenciar a economía circular a través do biometano, entre outras medidas.

En concreto, o pasado 15 de setembro, un representante de AIRA visitou o país nórdico dentro do proxecto COOPID (COOPeration of bioeconomy clústers for bio-based knowledge transfer via Innovative Dissemination techniques in the primary production sector), unha iniciativa liderada e coordinada por Cooperativas Agro-Alimentarias de España.

O obxectivo do proxecto, no que tamén participan outras cooperativas lácteas de referencia en España como Central Lechera Asturiana e COVAP, é a difusión de boas prácticas agroalimentarias para a redución da pegada de carbono desde o sector primario, para a súa implementación e adaptación á realidade de cada rexión.

Neste caso visitáronse dúas granxas da cooperativa VALIO , que recolle e transforma o 80% do leite de Finlandia. Estas ganderías usan biometano producido maioritariamente de esterco e descartes de granxa para xerar calor e electricidade e/o a súa purificación posterior a biogás comprimido para uso en vehículos adaptados. En concreto, o biometano producido nas granxas fornece a coches de particulares adaptados a CBG e ás cisternas de recollida de leite de Valio nesa rexión finlandesa.

Así mesmo, a delegación na que participou AIRA estudou a estratexia de "Pegada de Carbono Cero - 2035" que segue a cooperativa Valio para lograr a súa neutralidade entre emisións e fixación de carbono nese ano.

[caption id="attachment_182026" align="aligncenter" width="2048"] Estación de servizo de biometano (CBG - biogás comprimido) obtido a partir de esterco de vaca, outros descartes de granxa e subproductos dunha empresa de snacks próxima (aceites, maionesa, patacas fritidas, etc) localizada na granxa Vuorenmaa (socia da Cooperativa VALIO) en Haapavesi (Finlandia).O biometano producido fornece a coches de particulares adaptados a CBG e ás cisternas de recollida de leite de Valio nesa rexión como se pode observar en ambas as fotografías.[/caption]

Sobre AIRA

AIRA é hoxe una das cooperativas agrogandeiras máis importantes de Galicia e integra na actualidade a máis de 2.900 socios e socias. Xunto coas instalacións centrais situadas en Taboada (Lugo), a cooperativa conta con 15 delegacións repartidas principalmente na provincia de Lugo, así como na Coruña e Pontevedra.

Etiquetado
Ir a la portada