Leite

Convocatoria unitaria da protesta láctea, tras sumarse Agromuralla e a OPL

A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo demanda garantías de recollida para todas as granxas e medidas para a recuperación de prezos. OPL e Agromuralla apostan por iniciativas dos gandeiros para cambiar a situación no medio prazo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 30/03/2016 9:01 a.m.

O sector lácteo vivirá mañá a súa primeira convocatoria unitaria desde o verán pasado, cando se producira a separación entre a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo e os gandeiros concentrados en Lugo, hoxe agrupados en torno a Agromuralla. Este xoves 31 a partir das 11.30 horas en Santiago, ante a Xunta, o sector mobilizarase unido en demanda de garantías de recollida para todo o leite e de medidas que leven a unha recuperación dos prezos.

Desde a Plataforma temen que a partir do 1 de abril, día en que comeza a nova campaña láctea e novos contratos en moitas industrias, haxa gandeiros que queden sen recollida. Outros moitos, 400 hai un mes e hoxe en día máis, están entregando a súa produción a prezos de leite en po, por baixo dos 20 céntimos, moi lonxe da media de mercado de 28 céntimos.

A convocatoria de mañá xoves parte co obxectivo principal de emprazar a Xunta e Ministerio a adoptar medidas que contribúan a resolver esta situación. Tras o acto, no que se lerá un manifesto, celebrarase unha asemblea entre os presentes para valorar próximas accións, segundo informa Óscar Pose, representante de Unións Agrarias na Plataforma.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

"Cada asociación ten as súas bases e as súas ideas, pero loitamos todos polo mesmo" (Odón Castro, Agromuralla)

Apoios
A mobilización conta co apoio de todos os colectivos que integran a Plataforma e máis de Agromuralla. Pola Plataforma participarán grupos comarcais de gandeiros, Agaca, Gandeiros de Mazaricos, Fruga, OPL, Oruga, Sindicato Labrego e Unións Agrarias.

Desde Agromuralla, Odón Castro incide na importancia de ir “todos a unha”. “Cada asociación ten as súas bases e as súas ideas, pero estamos todos loitando polo mesmo, polo que é importante que colaboremos e vaiamos todos a unha “, suliña.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A única organización que queda fóra da convocatoria é Asaja Galicia, que se desmarcou da Plataforma en setembro pasado.

Iniciativas gandeiras
A OPL, que tamén se suma á mobilización de mañá en Santiago, considera que a protesta axudará a facer visible o grave problema polo que atravesan as granxas, se ben o seu presidente, Manuel Iglesias, advirte de que tamén serán necesarios pasos dos gandeiros para “cambiar a súa posición na cadea de valor”.

"Os gandeiros temos que cambiar a nosa posición na cadea de valor, por exemplo implicándonos na parte industrial" (Manuel Iglesias, OPL)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“Os gandeiros temos que pensar e como empresarios que somos, debemos tomar medidas para cambiar a nosa posición na cadea de valor” -defende Iglesias-. “Manifestarse é necesario pero para cambiar a nosa posición na cadea de valor teremos que implicarnos na parte industrial, na mellora da negociación coas industrias, vía organizacións de produtores, e noutras cuestións”, destaca Iglesias.

Esta postura é compartida por Agromuralla, segundo sinalan desde a OPL, que mantén unha boa sintonía de colaboración coa organización lucense.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada