Viña

Convocatoria do ‘Premio Alimentos de España ao Mellor Viño 2022’

Este galardón pretende contribuír a promocionar os viños de maior calidade, con D.O.P. ou I.X.P. Poderán participar aqueles que obteñan unha das mellores cinco puntuacións no concurso internacional Bacchus 2022. A resolución publicarase nun prazo de seis meses a contar desde hoxe

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 15/03/2022 6:36 p.m.

O Ministerio de Agricultura publicou hoxe a convocatoria do ‘Premio Alimentos de España ao Mellor Viño 2022’. A pretensión do galardón é promocionar e dar a coñecer os viños españois con Denominación de Orixe Protexida ou Indicación Xeográfica Protexida con maior calidade e propiedades organolépticas.

Poderán participar no premio os viños que pertenzan a algunha das D.O.P ou I.X.P. españolas recoñecidas pola Unión Europea, cuxa empresa elaboradora teña a súa sede principal no territorio nacional. Outro dos requisitos é que o produto obteña unha das mellores cinco puntuacións no concurso internacional de viños Bacchus 2022, que se celebrará entre o 25 e 28 de abril.

Os candidatos contarán con 10 días hábiles para presentar os Anexos I e II, desde a recepción da comunicación que remitirá o subdirector xeral de Promoción dos Alimentos de España, como órgano instrutor, informando da posibilidade de optar ao premio. A resolución será nun prazo máximo de 6 meses.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada