Forestal

Convócase unha mesa de traballo sobre as normativas forestais en preparación

O evento, dirixido por Selga, abordará os futuros contratos de xestión pública dos montes veciñais, as agrupacións forestais de xestión conxunta, o Plan Forestal de Galicia e a revisión da Lei de Prevención de Incendios

Campo Galego 12/12/2020 12:26 p.m.

Selga, a empresa de silvicultura ligada á Asociación Forestal de Galicia, dirixe unha mesa de traballo sobre as novas normativas forestais que se aveciñan na comunidade. O evento, aberto a comunidades de montes, propietarios forestais e persoas interesadas, busca tanto asesorar ó sector forestal como coñecer os puntos de vista das persoas participantes. A mesa de traballo enmárcase no proxecto Gefrecon, orientado á prevención de incendios forestais, que está promovendo o Instituto Tecnológico de Galicia.

A participación na mesa de traballo é aberta. A xornada desenvolverase online, tendo en conta as actuais restriccións pola Covid, e farase o venres 18 de decembro a partir das 16.30 horas. Poderase acceder ó evento a través deste link.

O programa da xornada é o seguinte:

- Presentación do proxecto Gefrecon, Fernando Echevarría.

- Contratos de xestión pública, Daniel Rodríguez.

- Plan Forestal de Galicia, Francisco Dans.

- Agrupacións forestais de xestión conxunta, Daniel Rodríguez.

- Revisión da Lei de Prevención e Extinción de Incendios Forestais, Xosé Covelo.

Etiquetado
Ir a la portada