Agroalimentación

Convocados os premios Alimentos de España 2018

30/07/2018 8:44 p.m.

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación convocou o “Premio Alimentos de España 2018”, mediante un extracto de Orde que se publicou o pasado sábado no Boletín Oficial do Estado.

Estes galardóns, que comezaron a outorgarse en 1987, teñen como obxectivo promover e estimular os diferentes elementos da cadea alimentaria na produción, transformación, utilización, coñecemento e consumo dos alimentos de España. Tamén recoñecen o esforzo comercializador, innovador, de desenvolvemento rural e coidado do medio ambiente, e a elaboración de alimentos de calidade.

Conta coas modalidades de «Industria Alimentaria», «Produción Ecolóxica», “Internacionalización Alimentaria”, “Produción da Pesca e a Acuicultura”, «Comunicación», «Restauración», Accésit á “Iniciativa Emprendedora”, e «Premio Extraordinario Alimentos de España».

O prazo de presentación de solicitudes será de tres meses a partir do día seguinte ao da publicación do extracto de Orde no Boletín Oficial do Estado. A entrega de galardóns desenvolverase nun acto público convocado para o efecto.

Ir a la portada