Carne

Convocadas eleccións en Acruga para o 19 de maio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 29/03/2018 3:49 a.m.

A xunta directiva da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, Acruga, acordou convocar eleccións para o sábado 19 de maio deste ano. Acruga informará aos seus máis de 1.100 socios con dereito a voto, dos 1.900 criadores que integran a asociación, mediante cartas, que comezaron a enviarse esta semana.

Segundo establece o regulamento dos estatutos da asociación elixirase unha candidatura que conteña os cargos de presidente, vicepresidente, secretario, tesoureiro, interventor e un número de vogais non inferior a dous nin superior a seis, para dirixir Acruga durante o próximos catro anos.

A presentación de candidaturas, aberta a calquera socio, realizarase entre os días 16 e 20 de abril, para o día 24 dese mesmo mes resolver o número de candidaturas aceptadas. O período de campaña electoral desenvolverase entre os días 4 e 18 de maio.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada