Axudas

Convocadas as axudas para explotacións apícolas

Medio Rural destina 600.000 euros para apoiar a produtores, cooperativas e asociacións de apicultores

Campo Galego 23/03/2018 9:32 a.m.

A Consellería do Medio Rural vén de convocar as axudas dirixidas a explotacións apícolas. Poderán optar a elas todas as persoas físicas ou xurídicas titulares dunha explotación apícola rexistrada en Galicia antes do 1 de xaneiro do 2018. Tamén as cooperativas apícolas e asociacións de apicultores.

As subvencións oriéntanse a financiar o apoio técnico que prestan cooperativas e asociacións, así como a abonar parte dos custos que teñen os apicultores en tratamentos sanitarios, en especial contra a varroa, en alimentación das colmeas e en renovación da cera. Finánciase ademais a cría de raíñas e os apicultores con máis de 50 colmeas poden optar tamén ás axudas de trashumancia.

A cuantía total destinada ás axudas é de 603.000 euros e hai un mes de prazo para presentar as solicitudes.

Ir a la portada