Carne

Convocadas as axudas extraordinarias de 12 millóns para as ganderías da IXP Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
03/01/2024 11:50 a.m.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os produtores amparados pola Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega, convocadas para o exercicio orzamentario deste 2024, co obxectivo de paliar os sobrecustos que orixina este tipo de produción, máis elevados que na estándar.

Estas axudas anuais convócanse cun importe de 12 millóns de euros. Dende mañá, o día seguinte ao da publicación desta Orde, os interesados disporán de prazo ata o vindeiro 5 de febreiro para presentar as súas solicitudes.

A orde sinala que poderán beneficiarse destas axudas as explotacións inscritas nos rexistros do Consello Regulador que xestiona a IXP Ternera Gallega durante algún período do ano 2023 e que teñan animais rexistrados durante dito ano como Ternera Gallega (TG) ou Ternera Gallega Suprema (TGS) por dito consello regulador, e ademais que finalizaran o seu ciclo produtivo dentro do 2023.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Con estas axudas cubriranse parcialmente os custos derivados deste tipo de producións. Concederanse un máximo de 200 euros por animal identificado TGS e de 36 euros por animal identificado TG, todos eles tendo completado o seu ciclo produtivo entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2023 e cumprindo os requisitos inherentes á Indicación Xeográfica Protexida.

Enlace á orde no DOG

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada