Viña

Convocadas axudas da Xunta para viveiros e agricultores afectados por pragas de corentena

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 03/11/2023 10:49 p.m.

As pragas están afectando a diversos tipos de cultivos en Galicia, provocando a diminución de ingresos entre agricultores. Por iso, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde na que se recollen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións en materia de sanidade vexetal aos viveiros ou explotacións agrícolas afectadas por organismo de corentena deste ano, concedidas pola Consellería do Medio Rural a través da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

Os beneficiarios poderán ser persoas físicas ou xurídicas e entidades sen personalidade xurídica, cuxos vexetais ou produtos vexetais fosen afectados por medidas fitosanitarias adoptadas en virtude da declaración da presenza dunha praga de corentena pola autoridade competente. Os organismos polos que se poderá solicitar unha indemnización son a couza guatemalteca da pataca, o Fusarium circinatum do piñeiro, o virus rugoso do tomate e a flavescencia dourada da vide.

As achegas destinaranse para o financiamento de procesos de destrución, desinfección, esterilización ou tratamento aplicado a vexetais contaminados, a substratos de cultivo e terreos recoñecidos como contaminados, ou a materias de produción, acondicionamento, embalaxe ou almacenamento, así como a medios de transporte que estivesen en contacto con ditos vexetais.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A novidade deste ano é que se indemnizará aos titulares de parcelas de viñedo cuxas plantas de vide fosen eliminadas e destruídas baixo control oficial como consecuencia da detección de flavescencia dourada de vide, sempre que cumpran cos requisitos establecidos na orde.

As solicitudes poden presentarse por vía telemáticas a través da sede electrónica da Xunta. Ademais, o prazo de presentación para solicitalas será dun mes a partir do día seguinte á súa publicación no DOG.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada