Desenvolvemento rural

Convocadas as axudas da Xunta para medidas de prevención de ataques do lobo e xabarín

20/01/2022 11:21 a.m.

A Consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre (lobo, xabarín e oso) e se convocan para o ano 2022.

Poderán acollerse a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares dun REGA ou REAGA (no caso do xabaril).

Investimentos subvencionados liña lobo son:

- Cans de protección do gando: Razas Mastín Español, Mastín de los Pirineos e Can de Palleiro. Adquisición de cadelo/a de ata 4 meses de idade correctamente identificados, desparasitados e vacinados. De 1 a 3 cadelos por explotación en función do censo. 300 €/can

- Mantemento de cans de protección: ata 3 cans en función do censo. 200 €/can

- Mallas móbiles: 8 mallas móbiles dun mínimo de 90 cm de alto e 50 m de largo. 100 €/malla

- Peches fixos con 6-8 arames (altura mínima de 1,80m) : Ata 2 peches de 500 m (solicitar licenza municipal). 3,5 €/metro lineal de peche

- Peches fixos con malla de 1,48 m e 2 arames electrificados ata chegar aos 1,70m: Ata 2 peches de 1000 m (solicitar licenza municipal). 4,5 €/metro lineal de peche

- Pastores eléctricos: ata 3 pastores en función do censo ou ata 600 € en total. 150 €/pastor de rede ou batería e 300 €/pastor con placa solar

Investimentos subvencionados liña oso (estar en zona oseira):

- Pastores eléctricos: ata 3 pastores en función do censo ou ata 600 € en total. 150 €/pastor de rede ou batería e 300 €/pastor con placa solar

Investimentos subvencionados liña xabarín:

- Pastores eléctricos: ata 3 pastores en función do censo ou ata 600 € en total. 150 €/pastor de rede ou batería e 300 €/pastor con placa solar.

As axudas pódense solicitar ata o 21 de febreiro.

Para máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220120/AnuncioG0532-271221-0001_gl.html

Etiquetado
Ir a la portada