Carne

Convocadas as axudas da Xunta para as agrupación de defensa sanitaria gandeira

Loading ad.
Ad could not be loaded.
18/01/2023 10:35 a.m.

A Xunta destina neste 2023 un importe de 2.150.000 euros ás axudas para as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG). A achega destes fondos, que se mantén constante nos últimos anos, servirá para financiar o traballo que realizan estas entidades para desenvolver os programas facultativos de prevención e control de enfermidades animais.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde mediante a cal se convocan estas axudas das que as entidades poderán solicitar un anticipo sen necesidade de presentar avais bancarios.

A finalidade última destas axudas é a mellora do estado sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas zoosanitarios comúns para a prevención e control de enfermidades dos animais.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Estes programas de planificación zoosanitaria que se subvencionarán coa vindeira orde de axudas contempla aqueles que se desenvolvan entre o 1 de marzo de 2023 e o 28 de febreiro de 2024.

As enfermidades con programa sanitario nas agrupacións atópanse a rinotraqueíte infecciosa bovina (IBR), a diarrea vírica bovina (BVD) ou a paratuberculose no gando bovino, ovino e cabrún. Tamén están incluídas a enfermidade de Aujeszky, no gando porcino; a salmonelose, nas explotacións aviares; ou a mixomatose e a enfermidade vírica hemorráxica, nos coellos.

Enlace á orde no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230118/AnuncioG0426-221222-0007_gl.html

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada