Desenvolvemento rural

Convocadas as axudas da PAC 2024

Medio Rural publica a orde que regula as subvencións directas e de desenvolvemento rural

Campo Galego 08/03/2024 1:07 p.m.

A Consellería do Medio Rural vén de publicar a orde que regula a convocatoria 2024 das axudas da PAC en Galicia. A orde recolle tanto as axudas directas ás explotacións (axuda básica á renda, axuda redistributiva complementaria, ecorreximes, axudas asociadas, etc.) como as medidas de desenvolvemento rural (pagos a zonas con limitacións naturais, agroambientais comprometidas no 2023, etc.).

As axudas seguen a liña do ano pasado, cando arrancou o novo periodo da PAC 2023-2027. Este ano, como novidades principais, Medio Rural fai algunhas precisións sobre os ecorreximes, sobre a normativa de condicionalidade e aclara a contía 2024 dos pagos para zonas con limitacións naturais.

Ecorreximes

En relación ás prácticas dos distintos ecorreximes, a Consellería subliña as seguintes cuestións:

Condicionalidade reforzada

A principal novidade é que na normativa 4 das Boas Condicións Agrarias e Medioambientais establécese que o ancho mínimo das franxas de protección dos cauces fluviais (sen traballar) sexa de 5 metros, excepto no caso das canles de rega, en que poderá ser de 1 metro.

Zonas con Limitacións Naturais

O importe da axuda será de ata 280 euros por hectárea nas zonas con limitacións naturais de montaña e de ata 210 euros por hectárea nas zonas con limitacións naturais distintas de montaña.

Estes importes serán decrecentes en función da superficie indemnizable, segundo se indica:

a) Ás primeiras 5 ha correspóndelles o 100 % do importe.
b) Entre máis de 5 ha e 25 ha incluída, o 75 %.
c) Entre máis de 25 ha e 100 ha incluída, o 50 %.
d) A partir de máis de 100 ha non se concede axuda.

[box style="0"]

Petición de subsanación de “erros, neglixencias e atrasos”

Un día antes de que saíra hoxe a convocatoria de axudas da PAC, o Sindicato Labrego Galego (SLG) organizou unha rolda de prensa para transmitir o seu malestar coa xestión das axudas europeas por parte da Xunta. Estes son os principais puntos que cuestionaron Ana Rodríguez, Brais Álvarez e María Ferreiro (SLG):

[/box]

Etiquetado
Ir a la portada