Axudas

Convocadas as axudas para financiación e reestruturación de débedas

Campo Galego 21/06/2016 1:15 p.m.

O Ministerio de Agricultura vén de publicar no Boletín Oficial del Estado (BOE) a convocatoria pola que establece as bases para a concesión de subvencións públicas destinadas a financiación de explotacións agrarias. En concreto, o Goberno  financiará ata o 100% do custo dos avais concedidos pola Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria (Saeca) a explotacións agrícolas e gandeiras de calquera sector para novos préstamos de ata 5 anos, cun ano de carencia e 40.000 euros por beneficiario.

O prazo poderá acadar os 10 anos, tamén cun ano de carencia, e 80.000 euros por beneficiario no caso de explotacións lácteas, porcinas, cunícolas ou hortofrutícolas cando o crédito estea adicado maioritariamente a refinanciar débeda.

O prazo de solicitude comezou o 20 de xuño e finalizará o 20 de setembro.

Ir a la portada