Leite

Convocadas as axudas para as asociacións de control leiteiro

Poderán beneficiarse destas axudas as entidades oficialmente recoñecidas, como terceiros para a realización do control leiteiro oficial. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir de mañá

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 05/01/2024 4:29 p.m.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde mediante a que se convocan 750.000 euros nunha nova liña de axudas para financiar o labor que desenvolven as entidades oficialmente recoñecidas para a realización do control leiteiro en Galicia. Poderán beneficiarse destas axudas as entidades oficialmente recoñecidas pola comunidade autónoma e terceiros para a realización do control leiteiro. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir de mañá.

As actividades subvencionables para realizar polas entidades beneficiarias serán todas aquelas actuacións destinadas a comprobar sistematicamente as producións e outras aptitudes funcionais das femias reprodutoras leiteiras, para a determinación do valor xenético e os méritos ou outras capacidades dos animais.

Esta achega ten como finalidade compensar en parte os gastos xerados ás entidades oficialmente recoñecidas para a realización do control leiteiro en Galicia, en atención aos importantes beneficios que o sector no seu conxunto recibe pola implantación xeneralizada deste sistema.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada