Axudas

Convocadas as axudas de mínimis para os produtores de coello

17/06/2016 9:36 a.m.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha orde da Consellería do Medio Rural de axudas de mínimis para o sector do coello, dotada con 250.000 euros. Estas achegas servirán para paliar, a curto prazo, os problemas de liquidez deste eido produtivo.

A axuda será para todas as explotacións de coellos da Comunidade Autónoma que posúan no momento da solicitude máis de 200 femias reprodutoras, para paliar os efectos da crise que están a pasar debido ao baixo prezo de venda.

O prazo de presentación de solicitudes para concorrer a estas axudas será dun mes, ata o 18 de xullo, que se contará desde mañá, día seguinte ao da súa publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Etiquetado
Ir a la portada